En primeiro lugar teño que dicir que este curso abriume moitas perspectivas, non tanto no uso das ferramentas individuais (Twitter, Facebook, Bloguer...), é dicir que só construe unha persoa ainda que a comparta despois. Abriume perspectivas no traballo colaborativo e na súa importancia achegando distintos puntos de vista, póndose de acordo para o resultado final.
Xa coñecía certas ferramentas (Twitter, Facebook, Bloguer, Diigo, Feedly, Flipboard, Scoop.it) pero quizá as empregaba só para recibir información e non tanto en estructurar esa información, curala e sobre todo compartila. Ahí este curso foi unha oportunidade moi boa para descubrir todo o potencial destas ferramentas para a educación, pero tamén, e sobre todo, para a vida, para o día a día. E tanta a información que suministra internet que sen estas ferramentas ou sen un pouco de tino volveriámonos tolos.
Como ferramentas que descubrín e me gustou moito foi Socialwire. Un entorno ameno, fácil e agradable para compartir información, para enriquecerse e formar unha comunidade de aprendizaxe e de creación. Xa tivera experiencia colaborativa en Google Docs, pero este curso deume a oportunidade de profundizar máis en todo o potencial, non so de almacenamento que a veces o reducimos a eso, que pode darnos esta ferramenta elaborando contidos entre varias persoas.
Teño que dicir para rematar que foron unhas horas moi ben empregadas de traballo e que espero volver atoparme tanto cos titores, como con alumnos.
Grazas a tod@s por enriquecerme máis.