Podemos partir que a curación de contidos e unha nova tendencia que xurde no seo do marketing e que logo se expande a outros eidos como o da educación. Trátase de que en tanta información que produce internet, sexamos capaces de segregala e clasificala para unha maior comprensión.
1. Realizaa alguén, unha persoa, con criterio suficiente na temática determinada para engadir valor ó proceso.
2. Non é algo puntual senon é algo que hai que realizar ó longo do tempo Será puntual cando se realiza fora de internet (folletos dun evento fixo), pero dado o fluxo continuo da información de ingternet, require unha dedicación diaria.
3. Hai que realizar unha acción crítica, que discrimine a información, que a seleccione e ó mesmo tempo a comente para facela mais asequible e clara.
4. Esta curación, que fai alguén, faina sobre un determinado campo dun determinado eido da vida, dígase un ámbito da Educación, do márketing, das ciencias, etc... non pode abarcar todos os coñecementos porque non seria realista.
Algunhas ferramentas que nos poden ser útiles para facer a curación de contidos:
1. Evernote: Útil porque permite categorizar e etiquetar a información, ou compartir notas.
2. Feedly: este lector de RSS permite organizar e acceder rapidamente, desde o navegador web a todas as noticias e actualizacións de blogs ou webs.
3. Flipboard: cunha interface similar a unha revista, dispón de distintas fontes. É gratuíta.
4. Pinterest: Con unha interface a base de paneis informativos, permite clasificar a información por temática soportando imaxes e videos para compartir. Os tableiros é o característico desta ferramenta.


Ningún comentario:
Publicar un comentario